Comparación das construcións estábel, previa e nocturna

Updated 2 years ago

    O MuseScore vén en tres variedades de construcións: estábel, previa e nocturna. Se con anterioridade non tivo implicación de perto cun proxecto de software libre, estes termos seranlle pouco familiares. Non permita que iso lle impida implicarse. A calidade da versión estábel depende de que a comunidade a probe e informe empregando as construcións previas e nocturnas.

    Versións estábeis

    As versións estábeis (chamadas tamén versións finais) aparecen cada poucos meses e están dirixidas ao uso normal diario. A comunidade proba as versións estábeis moito antes de publicalas. No tempo previo a unha edición oficial, o desenvolvemento do código vai máis amodo para se centrar en arranxar os erros que a comunidade vai atopando e para evitar introducir problemas novos. Se se atoparen erros críticos no último minuto, a publicación oficial pódese adiar. Para obter a última edición estábel prema o botón de descargas verde que hai na parte superior do sitio web de MuseScore.

    Versións previas

    As construcións previas do MuseScore aparecen nas semanas que preceden a unha versión importante. As versións previas ofrecen unha visión temperá da versión estábel seguinte e están dirixidas a seren probadas e aos usuarios avanzados. Antes de que cada versión previa se faga dispoñíbel para descargar próbase rapidamente para verificar que a versión previa pode abrir e gardar partituras. Agárdase que teñan erros significativos e estes non reteñen necesariamente unha versión previa a non ser que rachen con funcionalidade moi básica, como introducir unha negra nun 4/4. Para obter a versión previa máis recente lea a sección relacionada na páxina de [[nodetitle:descarga]] .

    Nocturnas

    As construcións nocturnas do MuseScore están dispoñíbeis para o Windows e o GNU/Linux normalmente aparecen cada noite, aínda que poden ser menos frecuentes se non hai alteracións no código ou se o construtor non pode crear unha construción ese día. As construcións nocturnas están dirixidas só a seren probadas.A construción nocturna é con frecuencia practicamente automática, polo que vostede pode ser o primeiro humano que probe unha en concreto. En ocasións, mesmo a funcionalidade básica pode estar estragada. Para obter a versión nocturna máis recente vexa:

    Resumo

    Frecuencia Propósito Probas previas e estabilidade
    Edición oficial Cada poucos meses Uso normal Bastante estábel
    Versión previa Semanas anteriores a unha versión estábel Visión previa para probas e usuarios avanzados Agárdase certa inestabilidade
    Nocturna Cada un ou dous días Só para probas Sen probas