Desenvolvemento
Desenvolvemento
- Seguimento de erros: publique e siga os informes de erros, solicitudes de funcionalidades e tarefas do MuseScore.
- Repositorio SVN: albergado por SourceForge (fonte de envíos a SVN)
- Manual do desenvolvedor: toda a información relacionada co desenvolvemento do MuseScore. Se dispón dunha conta en musescore.org, pode modificar estas páxinas no estilo wiki. Atrévase e engada os seus coñecementos.
- Lista de correo de desenvolvemento: póñase en contacto con todos os desenvolvedores do MuseScore
- IRC de desenvolvemento: sala de conversa '#musescore' na rede de IRC "freenode"
Probas
Se ten interese por axudar a probar as funcionalidades novas, vexa Comparación das construcións estábel, previa e nocturna . Os informes de erro e as probas por parte da comunidade que emprega as versións previa e noctura melloran a cualidade da próxima edición estábel.
Tradución
O MuseScore emprégase en todo o mundo grazas a unha vibrante comunidade de tradutores. Se quixer colaborar cunha tradución existente ou iniciar unha tradución nvoa, vexa as instrucións de embaixo. Faga as súas preguntas nos furos ou na lista de correo dos programadores. É mellor facer moitas preguntas e compartir o traballo ao principio no canto de traballar nalgo en privado e atopar despois que hai que facer cambios.
Manual e sitio web
Se lle interesa traducir o sitio web ou o manual de software, preséntese no Foro de tradución . Darémoslle acceso para modificar e crear páxinas novas na súa lingua.
Software
A comunidade do MuseScore emprega un servidor de traducións que facilita a localización cooperativa do MuseScore. Se desexa comezar a traducir a unha lingua que aínda non exista, solicíteo no foro de tradución para que se poida engadir.