Compartir partituras na rede
For MuseScore 4 users, see Compartir partituras na rede.
Vaia a http://musescore.com/sheetmusic para ver outras partituras do Musescore.
Pode gardar e compartir as súas partituras na rede en MuseScore.com. Tamén pode decidir gardar unha partitura de maneira privada para ter acceso persoal desde calquera computador ou compartir a partitura publicamente para que a vexan ou descargan os amigos e membros do seu conxunto musical. MuseScore.com permite ver e reproducir partitures nun navegador web e mesmo permite sincronizar a partitura cun vídeo do YouTube. Para utilizar fóra do navegador web, pódese descargar a partitura e varios formatos (incluídos PDF, MIDI, MP3, MusicXML e o ficheiro orixinal do MuseScore).
Crear unha conta
- Visite MuseScore.com e prema Create new account (Crear unha conta nova)
- Escolla un nome de usuario, introduza un enderezo de correo válido e prema "Create New Account" («Crear unha conta nova»)
- Agarde uns minutos até que lle chegue unha mensaxe ao seu correo e visite o seu perfil de usuario para modificar o contrasinal
Compartir unha partitura directamente desde o MuseScore
Pódese gardar unha partitura directamente na rede desde Ficheiro → Gardar na rede.... Se é a primeira vez que emprega esta funcionalidade, terase que autenticar.
Autenticación da primeira vez
- Vaia a Ficheiro → Gardar na rede...
- O MuseScore pídelle que prema Aceptar para abrir un navegador web e lle dea permiso a MuseScore en MuseScore.com.
- Prema Aceptar e o navegador ábrese en MuseScore.com. Se non está rexistrado, introduza o seu nome de usuario e o contrasinal e
- Prema "Allow Access" («Permitir o acceso»)
- Volva ao MuseScore e prema «Aceptar». Se o navegador non se abre, pode copiar e pegar o URL na barra de enderezos do navegador.
- O MuseScore está ligado á súa conta de MuseScore.com
Gardar na rede
Unha vez autenticado a primeira vez, ou cando vaia a Ficheiro → Gardar na rede..., o MuseScore pide determinada información sobre as súas partituras.
- O título é o título da partitura. Pódeo cambiar
- A descrición aparece a carón das partituras. Pódeas describir, dicir por que as escribiu, etc...
- Pode escoller que a partitura sexa pública e todas as persoas que cheguen aMuseScore.com pódena ver ou privada e só vostede a poderá ver.
- Escolla unha licenza. Se emprega unha licenza de Creative Commons, permite que as persoas empreguen as súas partituras baixo determinadas restricións.
- Pode engadir etiquetas que axuden a atopar as aprtituras en MuseScore.com. Non esqueza empregar unha vírgula para separar as etiquetas.
Enviar unha partitura a MuseScore.com
Tamén pode enviar unha partitura directamente a MuseScore.com.
- Prema a ligazón de envío de MuseScore.com
- Dispón das mesmas opcións que co menú Gardar na rede
- Tamén dispón de acceso a máis información, como Xénero
Nota: No caso de que chegue ao límite de envío de cinco partituras, pode enviar partituras directamente desde o MuseScore. Se desexa continuar enviando mediante a web, anove primeiro a súa conta a unha de tipo Pro Account.
Editar unha partitura en MuseScore.com
Se desexa alterar unha das partituras que teña en MuseScore.com, edite o ficheiro do MuseScore no seu propio computador e siga os seguintes pasos.
- Vaia á páxina da partitura en MuseScore.com
- Prema a ligazón de edición
- No formulario pode modificar o ficheiro da partitura, así como toda a información sobre a partitura, como o título, a descrición, etc...