Disposición e formato

Updated 10 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Disposición e formato.

A partitura está rematada e desexa imprimila. Porén, quere mellorar a súa aparencia. Esta páxina do manual describe moitas maneiras diferentes e como funcionan xuntas.

Maneiras de influír na disposición

  • DisposiciónConfiguración da páxina. Mude as opcións globais, como o tamaño da páxina, como de grande é un «espazo» (en «Ampliación») e como de grandes son as marxes da páxina. Espazo emprégase noutras configuracións (exemplo: «5.0sp«), así que modificar o «espazo» fai mudar a maioría das demáis configuracións.
  • Disposición Anchear/Encoller. Anchee ou reduza os compases seleccionados especificamente.
  • EstiloModificar o estilo xeralPáxina. Cambie opcións globais que afectan a como de perto están os pentagramas, como de perto están os sistemas, canta marxe teñen as letras, etc.
  • EstiloModificar o estilo xeral Sistema. Indique o número de compases por sistema ou a largura dos compases.
  • EstiloModificar o estilo xeralPartitura. Afecta a detalles da partitura como se hai silencios de varios de espera ou se se agochan os pentagramas baleiros.
  • EstiloModificar o estilo xeralCompás. Indique o espaciamento dos compaes, fundamental para controlar o número de compases por liña.
  • Paleta / Saltos e espazamento. Quebre unha liña nun compás determinado, unha páxina nunha liña determinada ou engada espazo entre os compases.
  • EstiloModificar o estilo xeralTamaños. Indique o tamaño proporcional das notas «pequenas» e de adorno. Modificar isto é infrecuente.

Disposición / Configuración da páxina

MuseScore1.1_Layout_PageSettings_cropped.png

Ampliación / Espazo - Este é o tamaño do espazo entre dúas liñas dun pentagrama. Como as notas caben nese espazo, controla tamén o tamaño das cabezas das notas. Dado que a música é proporcional ás notas, isto afecta tamén as plicas, os accidentais, as claves, todo tipo de cousas. Tamén aparece como sp en moitas outras opcións (exemplo: distancia entre sistemas «9,2sp»). Daquela, cando se altera o parámetro «Spazo» tamén se alteran moitas outras opcións proporcionalmente. Por esta razón ás veces recibe o nome de «ampliación».

Modificar a ampliación pode non cambiar o número de sistemas por páxina por causa do «limiar de enchido da páxina» (ver máis abaixo). Para ver os efectos ou cambios da escala sen interferencia, configure o «limiar de enchido da páxina» a 100%.

Nota: existe tamén un parámetro de ampliación en EditarPreferenciasPartituraAmpliación. Isto configura a preferencia global dos documentos novos mais non modifica a partitura actual.

Disposición: Anchear/Encoller

MuseScore1.1_Layout.png

Pódense escoller compases e anchealos para que haxa menos en cada liña («Anchear») ou reducilos para que caiban máis nunha liña («Encoller»).

Estilo / Modificar o estilo xeral / Páxina

MuseScore1.1_EditStyle_Page_cropped.png

  • Marxe superior e inferior da música - Espazo antes e despois do primeiro e do último pentagramas dunha páxina.
  • Distancia entre os pentagramas - Espazo entre os pentagramas dun sistema.
  • Distancia de acolada - Espazo entre os pentagramas dun instrumento de varios pentagramas, como un piano.
  • Distencia entre os sistemas - Espazo entre os sistemas
  • Marxe superior e inferior das letras - Espazo antes e despois da primeira e da última liña deletras.
  • Marxes superior e inferior das molduras verticais - Marxes dunha moldura vertical (por exemplo, a caixa que contén a información sobre o título e o compositor).
  • Limiar de enchido da páxina - Se a páxina está máis chea que isto, ignórase o espazo entre sistemas e todo se anchea para encher a páxina. Polo tanto, o 100% evita que se anchee nada.
  • Limiar de enchido do derradeiro sistema - Se o derradeiro sistema supera esta porcentaxe do largo da páxina, este derradeiro sistema anchéase para encher o largo da páxina.

As porcentaxes nos limiares son porcentaxes da altura ou largo completos da páxina. Polo tanto, un limiar de enchido do 70% significa anchear as cousas para que enchan a páxina se está máis do 70% chea.

Estilo / Modificar o estilo xeral / Sistema

MuseScore1.1_EditStyle_System_cropped.png
PORFACER

Estilo / Modificar o estilo xeral / Partitura

MuseScore1.1_EditStyle_Score_cropped.png
Aquí pódese indicar a creación de silencios de varios compases e agochar os pentagramas baleiros. Isto pode afectar en gran medida o tamaño da partitura.

Estilo / Modificar o estilo xeral / Compás

MuseScore1.1_EditStyle_Measure_cropped.png
Indique o espaciamento dos compases, así como as marxes. O espaciamento dos compases é fundamental para controlar o número deles que caben nunha liña. Cambiar o resto das opcións sería inusual.

Paleta / Quebras e espaciador

breaks-spacer-palette.png

Con esta paleta pódese escoller onde se desexa ter as qeubras de páxina ou de liña. Hai quen fai isto primeiro e quen o deixa para o final, unha vez modificadas as opcións globais.

Para colocar unha quebra de páxina, arrastre e solte o símbolo de quebra de páxina sobre un compás. Para colocar unha quebra de liña, arrastre e solte o símbolo de quebra de liña sobre o último compás que desexe nunha liña. Se desexa o mesmo número de compases en varios sistemas, escóllaos e empregue EngadidosQuebrar cada X compases.
Se algúns compases fican sós na liña, reduza a ampliación ou empregue DisposiciónAnchear, Escoller.

Vexa tamén Quebras ou espaciadores .

Estilo / Modificar o estilo xeral / tamaños

MuseScore1.1_EditStyle_Sizes_cropped.png
Configure o tamaño proporcional das notas «pequenas» e de adorno. Modificar isto sería inusual.

Vexa tamén