Volver ás configuracións de fábrica
For MuseScore 4 users, see Volver ás configuracións de fábrica.
As versións recentes do MuseScore teñen a opción de volver ás opcións normais incorporadas ou «configuracións de fábrica». Ás veces isto é útil cando as opcións novas se corrompen. Isto non é frecuente, polo que é mellor consultar os foros primeiro, dado que pode haber algún xeito de resolver o problema sen reinicialo todo.
Advertencia: volver ás «configuracións de fábrica» elimina todas as alteracións que se fixesen nas preferencias, paletas ou opcións da xanela.
Instrucións para o Windows
- Se ten o MuseScore aberto, tenno que fechar primeiro (Ficheiro → Saír)
- Escriba Tecla Windows+R para abrir o diálogo Executar. (A tecla Windows é a que ten o logotipo do Windows da Microsoft.)
- Prema Examinar...
- Busque mscore.exe no computador. A localización pode variar dependendo da instalación, mais probabelmente ha de ser algo semellante a O meu computador > Disco local > Ficheiros de programa > MuseScore > bin > mscore.exe
- Prema Abrir para saír do diálogo Examinar e volver ao diálogo Executar. O texto seguinte (ou algo semellante) debería aparecer no diálogo Executar:
"C:\Program Files\MuseScore 0.9\bin\mscore.exe"
- Prema despois das aspas e escriba un espazo seguido dun trazo e dun F maiúsculo: -F
- Prema Aceptar
Após uns segundos, o MuseScore deberíanse iniciar con todas as opcións reiniciadas ás «configuracións de fábrica».
Para os usuarios avanzados, o ficheiro principal de preferencias está situado en:
- Windows Vista ou posterior:
C:\Users\<USERNAME>\AppData\Roaming\MusE\MuseScore.ini
- Windows XP ou anteriores:
C:\Documents and Settings\USERNAME\Application Data\MusE\MuseScore.ini
As demais preferencias (paleta, sesión...) están en:
- Windows Vista ou posterior:
C:\Users\<USERNAME>\AppData\Local\MusE\MuseScore\
- Windows XP e anteriores:
C:\Documents and Settings\USERNAME\Local Settings\Application Data\MusE\
Instrucións para Mac OS X
- Se ten o MuseScore aberto ten que saír primeiro (Ficheiro → Saír)
- Abra Aplicativos/Utilidades/Terminal e debería aparecer unha xanela cunha sesión no terminal
- Escriba (ou copie e apegue) a orde seguinte na liña do terminal (inclúa o "/" do principio):
/Applications/MuseScore.app/Contents/MacOS/mscore -F
Isto restaura ou devolve todas as preferencias do Musescore ás configuracións de fábrica e inicia automaticamente o aplicativo MuseScore. Pode saír do Terminal e continuar a utilizar o MuseScore.
Instrucións para linux (adápteo a outros diferentes da Lucid de Ubuntu)
- Se ten o MuseScore aberto ten que saír primeiro (Ficheiro → saír)
- No menú principal de Ubuntu escolla Aplicativos → Accesorios → Terminal. Debería aparecer unha xanela cunha sesión de Terminal
- Escriba (ou simplemente copie e apegue) a orde seguinte na liña do terminal:
mscore -F
Isto restaura ou devolve todas as preferencias do Musescore ás configuracións de fábrica e inicia automaticamente o aplicativo MuseScore. Pode saír do Terminal e continuar a utilizar o MuseScore.
Para os usuarios avanzados, o ficheiro principal de preferencias do MuseScore está situado en ~/.config/MusE/MuseScore.ini