MuseScore Tour - Comparta e imprima as súas partituras
O MuseScore facilita obter as partituras en papel mais, tan importante para o músico do século XXI, o MuseScore fornece grandes capacidades para compartir as partituras electronicamente.
No computador
O MuseScore é un programa WYSIWYG («o que se ve é o que se obtén»), de xeito que, se ten boa aparencia na pantalla, será aínda mellor no papel. É posíbel imprimir directamente desde o programa ou pódese formatos de ficheiro aos formatos de gráficos PDF, PNG e SVG. E non se equivoque: a calidade producida polo MuseScore é tan boa como a dos programas comerciais caros. Prema o fragmento de embaixo para un exemplo dun ficheiro en PDF xerado polo MuseScore.
O engadido creador de fragmentos permite crear facilmente un ficheiro gráfico que conteña simplemente a música da páxina - co espazo en branco de arredor recortado automaticamente - para facilitar a súa inserción en documentos de procesamento de texto e outros. Tamén existe unha extensión para automatizar o proceso máis aínda ao utilizar os procesadores de texto de código aberto LibreOffice ou OpenOffice.org .
O MuseScore pode importar de exportar ao formato formatos de ficheiro , o que permite compartir partituras entre diferentes programas de notación. Así que, se xa creaou partituras no Finale ou no Sibelius, pode exportar a MusicXML desde eles e a seguir importar ao MuseScore e continuar traballando coas notas e a maioría das marcas intactas. E tamén se pode exportar a MusicXML desde o MuseScore para que quen empregue outros programas poda acceder ás súas partituras. O MuseScore tamén importa e exporta a MIDI. E como o MuseScore é código aberto, é ferecuente que haxa quen aporte conversores a e/ou outros formatos especializados (p.ex. ABC, LilyPond, Capella, Band-in-aBox, Impro-Visor). De feito, o MuseScore pode ser o programa de notación musical mellor conectado que nunca houbese!
Na rede
A facilidade de compartirción máis intereseante fornecida polo MuseScore é o sitio web de compartición de partituras musescore.com. Cree unha conta nel e poderá enviar as súas partituras directamente ao seu servidor, que permite que se vexan, reproduzan, impriman ou descarguen. Conta cun conxunto completo de ferramentas de redes sociais que permiten compartir partituras en musescore.com igual que se comparten imaxes e son en SoundCloud, imaxes en Flickr ou vídeos en YouTube. Unha das funcionalidades máis atractivas de musescore.com é que a partitura anímase automaticamente cando se reproduce, facendo que se poda seguir máis doadamente. Pódese mesmo incorporar a partitura animada noutros sitios web, así:
http://musescore.com/marcsabatella/scores/40959
Este sitio tamén permite sincronizar unha partitura cun vídeo de YouTube, podendo así ter unha partitura animada que acompaña unha actuación gravada. Prema a imaxe da dereita para ver ver esta funcionalidade en acción.
Alén disto, o MuseScore fornece a capacidade de enviar son directamente desde o MuseScore a SoundCloud mediante un engadido . Ou sexa, que só fan falta un par de clics desde que se completa unha partitura no MuseScore até isto:
http://soundcloud.com/marc-sabatella/hymn-for-peter
Móbel
Se dispón dun iPad, examine o applet Visor de partituras do MuseScore para descargar e mostrar as partituras desde musescore.com. Tamén de MuseScore: o aplicativo gratuíto Variacións Abertas Goldberg , que contén a partitura completa e unha gravación profesional de Kimiko Ishizaka das intemporais Variacións Goldberg, con animación en tempo real da partitura segundo se escoita esta abraiante música.
[[nodetitle:Visita guiada do MuseScore - Escoite as partituras|Anterior]] [[nodetitle:Visita guiada do MuseScore - Traballe como queira|Seguinte]]