Visita guiada do MuseScore
Cree partituras bonitas gratuitamente empregando o MuseScore, o programa de notación musical libre e de código aberto!
O MuseScore funciona en Windows, MacOS e Linux e está dispoñíbel en máis de 40 idiomas diferentes. Tanto se vostede é un usuario experimentado doutros programas de notación musical, como Finale ou Sibelius como se acaba de chegar ao mundo de programas de notación musical, o MuseScore dispón das ferramentas precisas para facer que a música se vexa tan ben como soa. Faga a visita guida para ver en que a/o pode axudar o MuseScore!
[[nodetitle:Visita guiada do MuseScore - Cree partituras|Cree partituras cun editor WYSIWYG]]
Velaquí unha visión xeral das funcionalidades do MuseScore:
- Lonxitude ilimitada das partituras
- Número ilimado de pentagramas por sistema
- Até catro voces independentes por pentagrama
- Asistente para crear partituras e modelos
- Extracción de partes e transposición automáticas
- Repeticións, incluindo segnos, codas e repeticións de compases
- Dinámica, articulacións e outras marcas de expresión, a maioría das cales se poden reproducir
- Marcas personalizadas de texto
- Letras
- Símbolos dos acordes
- Notación de jazz, incluindo lead sheets, notación de barras e un tipo de letra "á man" para o texto
- Reprodución de swing e shuffle
- Mesturador para os niveis e efectos dos instrumentos.
- Notación da percusión
- Notación para a música antiga
- Frases entre pentagramas
- Importación de gráficos
- Armaduras personalizadas
- Marcas de tempo aditivas
- Estilos de partitura definidos polo usuario
A maioría dos elementos do MuseScore colócanse automaticamente, aínda que tamén se poden situar manualmente. As capacidades do MuseScore pódense estender mediante engadidos e o repositorio crecente de musescore.org contén moitos remitidos polos usuarios.
O MuseScore inclúe un conxunto de sons que reproducen instrumentos frecuentes (tal e como se define en General MIDI) sen ocupar moito espazo ou memoria, mais pódese substituir por calquer fonte de son que se prefira para ter unha variedade de sons maior ou para un maior realismo.
O MuseScore pode importar e exportar ficheiros MIDI e MusicXML e tamén pode importar do Capella e de varios outros programas. O MuseScore pode exportar a PDF, PNG e outros formatos de gráficos, a WAV e outros formatos de son ou a LilyPond para unha opción de disposición e impresión alternativa.
O MuseScore pode enviar partituras directametne ao sitio de compartición de partituras musescore.com. A axuda para o programa fornécese en musescore.org.