Grupos artificiais
Os grupos artificiais, ou quiálteras, empréganse para escribir ritmos que superen as divisións rítmicas permitidas normalmente polo compás. Por exemplo, un tresillo de corcheas nun compás de 4/4 divide o pulso de negra en tres no canto de en dous.
Instrucións
Para crear un tresillo hai que seleccionar primeiro unha nota da partitura que indique a duración completa do tresillo. Por exemplo, un tresillo de corcheas ten unha «duración completa» de unha negra.
No menú principal escolla Notas → Grupos artificiais → Tresillo. Con isto créase un tresillo que divide a duración completa en tres partes iguais,
que se poden continuar modificando.
Modo de introdución de notas
A introdución dos grupos artificiais funciona dun xeito un pouco diferente no modo de introdución de notas que no modo esquematizado antes. Na versión 0.9.5 e posteriores hai que escoller primeiramente a duración e introducir as alturas despois. Eis instrucións paso a paso para facer tresillos de corcheas.
- Pase ao modo de introdución de notas premendo N
- Verifique que o marcador de introdución de notas estea no lugar no que quere que se inicie o grupo (empregue as teclas das frechas dereita e esquerda se for preciso)
- Escolla a duración do grupo enteiro na barra de ferramentas de introdución de notas. Neste exemplo prema a engra (ou prema 5 no teclado)
- No menú principal escolla Notas → Grupos artificiais → Tresillo ou prema Ctrl+3 (Mac: ⌘+3)
- Fíxese en que se selecciona automaticamente unha duración de unha corchea. Prema a partitura para engadir as alturas
Propiedades
Para modificar as propiedades de exhibición dun grupo artificial, prema o número do grupo artificial co botón dereito do rato e escolla Propiedades do grupo artificial....
A sección do número do diálogo das propiedades permite mostrar un enteiro, unha relación entre dous enteiros ou ningún número.
Na sección do corchete, «corchete» e «nada» permiten mostrar ou acochar o corchete explicitamente. A opción «corchete automático» acocha o corchete nas notas unidas con barras e mostra o corchete se o grupo artificial inclúe notas sen unir ou silencios.