Instalación
O MuseScore funciona en moitos sistemas informáticos, incluídos Windows, Mac OS e Linux.
Windows
O instalador para o Windows atópase na páxina de descargas deste sitio web. Prema a ligazón para comezar a transferilo. O navegador web pedirá confirmación de que se quere transferir este ficheiro. Escolla «Gardar o ficheiro».
Ao rematar a transferencia, prema o ficheiro dúas veces para que comece a instalación. Pode que o Windows abra unha xanela de seguranza e pida confirmación antes de executalo. Prema «Executar» para continuar.
O instalador recomenda que se fechen todos os demais aplicativos antes de continuar. Unha vez fechados, prema «Seguinte» para continuar.
O asistente da instalación mostra os termos da licenza de software libre, que pode ler. Prema «Estou de acordo» para continuar.
A seguir, confirme o sitio no que se ha de instalar o MuseScore. Se está a instalar unha versión do MuseScore máis recente mais prefire manter a versión antiga no computador, haberá que mudar de cartafol. De non ser así, prema «Seguinte» para continuar.
A seguir, confirme o nome do cartafol de MuseScore que aparece na lista de programas do menú Inicio do Windows. Prema «Instalar» para continuar.
Agarde uns minutos mentres o asistente instala os ficheiros e configuracións precisos. Ao finalizar prema «Rematar» para saír do instalador. Se o desexa, pode eliminar o ficheiro de instalación que descargou.
Iniciar o MuseScore
Para executar o MuseScore escolla Inicio → Todos os Programas → MuseScore 0.9 → MuseScore.
O MuseScore ábrese ao cabo duns segundos mostrando a partitura de demostración. Experimente con ela e familiarícese co programa. Despois pode Crear unha partitura nova .
Usuarios avanzados: Instalación silenciosa ou non presencial
Pódese instalar o MuseScore silenciosamente coa orde seguinteMuseScore-1.1.exe /S
/D=C:\Program Files\MuseScore
Pódese desinstalar con
cd C:\Program Files\MuseScore
Uninstall.exe /S
MacOSX
Instalación
O ficheiro dmg para Mac atópase na páxina de Descargas do sitio web do MuseScore. Prema a ligazón para iniciar a descarga. Cando esta remate, o ficheiro dmg móntase automaticamente no escritorio como «MuseScore-0.9.6» e aparece o Instalador.
Arrastre a icona do MuseScore e sóltea sobre a icona do cartafol Aplicativos. Se non iniciou a sesión como administrador o MacOSX pide un contrasinal: prema «Autenticar» e introduza o seu contrasinal para que o Mac OS X copie o MuseScore no cartafol de aplicativos.
Xa pode iniciar o MuseScore desde Aplicativos ou SpotLight.
Desinstalación
Simplemente elimine o MuseScore do cartafol Aplicativos.
Linux
Consulte a páxina de descargas para instrucións relacionadas co MuseScore no Linux. Fornécense paquetes para Debian, Ubuntu, Fedora e PCLinuxOS. Outras distribucións requiren que se constrúa este aplicativo a partir das fontes. Para instrucións específicas para Fedora consulte abaixo.
Fedora
- Importe a chave GPG:
su rpm --import http://prereleases.musescore.org/linux/Fedora/RPM-GPG-KEY-Seve
- Vaia á páxina de descargas do sitio web do MuseScore. Prema a ligazón da descarga estábel para Fedora e escolla o paquete rpm correcto para a súa arquitectura
- Dependendo da arquitectura, empregue un dos dous conxuntos de ordes para instalar o MuseScore
- para a arquitectura i386
su yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.i386.rpm
- ou para a arquitectura x86_64
su yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.x86_64.rpm
- para a arquitectura i386
Se ten dificultades co son, consulte Fedora 11 e o son .