Crear unha partitura nova

Updated 11 months ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Crear unha partitura nova.

No menú principal escolla FicheiroNova. Isto abre o asistente de partituras novas.

Título, compositor e outra información

New Score wizard: Título e outros textos

Introduza o título, compositor e outra información, como se ve encima disto. Fíxese nas dúas opcións da parte inferior:

  • Crear unha partitura nova a partir dun modelo
  • Crear unha partitura nova desde cero

A primeira opción permite seleccionar de entre as partituras xa preparadas na pantalla seguinte. A segunda opción ofrece a escolla completa de instrumentos na pantalla seguinte. Os modelos trátanse en profundidade máis abaixo, mais por agora abonda con escoller «Crear unha partitura nova desde cero».

Prema «Seguinte» para continuar.

Instrumentos e rexistros vocais

New Score wizard: Engadir instrumentos

A xanela dos instrumentos divídese en dúas columnas. A primeira enumera instrumentos e rexistros vocais de entre os que escoller. A segunda está baleira ao principio mais vai conter axiña a lista dos instrumentos da nova partitura.

A lista de instrumentos da primeira columna está subdividida en familias de instrumentos. Prema unha categoría dúas veces para que apareza a lista completa de instrumentos de cada familia. Seleccione un instrumento e prema «Engadir». O instrumento seleccionado aparece na segunda columna. Pódense engadir máis instrumentos ou rexistros de voz se se precisan.

A orde dos instrumentos na segunda columna determina a súa orde de aparición na partitura. Para alterar a orde, prema o nome dun instrumento e empregue os botóns «Arriba» ou «Abaixo» para subilo ou baixalo. Cando remate, prema «Seguinte».

Armadura

Na versión 0.9.3 do MuseScore, o asistente pide a armadura. Seleccione a que precise e prema «Seguinte» para continuar.

Nas versións 0.9.2 e anteriores, o asistente non pide a armaduras , polo que pode ignorar este paso.

Marca de tempo, anacrusa e número de compases

Asistente para partituras novas: As opcións de marca de tempo e compás

Configure a marca de tempo como desexe. Se a peza comeza cunha anacrusa, seleccione «Anacrusa» e axuste a marca de tempo para indicar a duración real do primeiro compás.

Se sabe aproximadamente cantos compases necesita, pódeos indicar aquí. De non ser así, os compases pódense engadir ou eliminar posteriormente.

Prema «Rematar» para crear a nova partitura.

Axustes da partitura despois de creala

Todo o que se configure co asistente para partituras novas pode modificarse posteriormente.

  • Para engadir ou eliminar compases ou crear unha anacrusa vexa Operacións cos compases
  • Para alterar calquera texto vexa Edición de texto . Para engadir un título que falte (ou calquera outro elemento), empregue o menú CrearTextoTítulo (ou outro elemento de texto)
  • Para engadir, eliminar ou modificar a orde dos instrumentos, empregue o menú CrearInstrumentos....

Vexa tamén: Armaduras , Marcas de tempo , claves .

Modelos

Ao crear unha partitura nova co asistente hai unha opción para «Crear unha partitura nova a partir dun modelo» na primeira pantalla (vexa Título e outros textos máis arriba para máis detalles). Selecione a opción dos modelos e prema «Seguinte» para continuar.

Seleccione un modelo e prema Seguinte para continuar co asistente para partituras novas como faría normalmente.

Os ficheiros de modelo son ficheiros normais do MuseScore almacenados no cartafol de modelos. Pódense crear modelos gravando ficheiros do MuseScore nel. No Windows, o cartafol de modelos atópase normalmente en C:\Program Files\MuseScore\templates. No Linux, mire en /usr/share/mscore-xxx se instalou co xestor de paquetes. Se compilou o mscore no Linux, mire en /usr/local/share/mscore-xxx. Nun Mac, mire en /Applications/MuseScore.app/Contents/Resources/templates