Modificar e axustar os sons

Updated 11 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Modificar e axustar os sons.

Mesturador

O mesturador permite modificar os sons dos instrumentos e axustar o volume, o panorama polifónico («panning»), a reverberación e o efecto de eco de cada pentagrama. No menú principal escolla MostrarMesturador para que apareza o mesturador.

O mesturador mostra diales para cada parte

Silencio e solo

Empregue a opción Silencio para silenciar rapidamente determinados pentagramas. Tamén pode empregar a opción Solo para silenciar todos os pentagramas excepto o que se marque como «solo».

Diais

Para xirar un dial no sentido das agullas do reloxo, prema e arrastre para arriba. Para xirar un dial no sentido contrario ao das agullas do reloxo, prema e arrastre para abaixo.

Son

O menú despregábel do son enumera todos os instrumentos recoñecidos pola SoundFont actual. Esta funcionalidade non está disponíbel nas versións 0.9.4 e anteriores para o Windows, mais arranxouse na versión 0.9.5.

Mudar de instrumento

Pódese modificar un pentagrama para que sexa un instrumento diferente. O método seguinte actualiza o son do instrumento, o nome do pentagrama e a transposición dos pentagramas de vez.

  1. Prema co botón dereito do rato nun lugar baleiro do compás e escolla Staff Propiedades...
  2. Prema Mudar de instrumento
  3. Escolla o novo instrumento e prema Aceptar para voltar para o diálogo Propiedades do pentagrama
  4. Prema Aceptar de novo para voltar para a partitura

Cambio no medio do pentagrama

Algúns instrumentos poden mudar de son no medio dunha partitura. Por exemplo, as cordas poden pasar a pizzicato ou tremolo e a trompeta pode pasar a trompeta con sordina. As instrucións seguintes empregan a trompeta con sordina como exemplo, aínda que os mesmos principios se aplican ao pizzicato ou ao tremolo nas cordas.

  1. Seleccione a primeira nota da sección con sordina
  2. No menú principal escolla CrearTextoTexto de pentagrama
  3. Escriba Con sordina. De momento, o texto do pentagrama é unha refrencia visual e non se aplica durante a reprodución
  4. Prema co botón dereito o texto do pentagrama e seleccione Propiedades do texto do pentagrama...
  5. No diálogo Propiedades do texto do pentagrama marque o botón Canal
  6. No diálogo Propiedades do texto do pentagrama seleccione Silencio
  7. Prema Aceptar para volver á partitura

Todas as notas que estean a continuación do texto de pentagrama que se escribiu están silenciadas. Para volver a un son sen silenciar posteriormente hai que seguir as mesmas indicacións que arriba excepto que hai que Abrir no paso 3 e seleccionar normal no paso 6.