Tempo
Pódese modificar o tempo de reprodución no panel de reprodución ou co texto de tempo na partitura.
Panel de reprodución
- Mostre o panel de reprodución: Mostrar → Panel de reprodución
- Modifique os pulsos por minuto (bpm) coa barra de control do tempo (Tmp)
Texto do tempo
- Seleccione unha nota para indicar onde se coloca o texto do tempo
- No menú principal: Crear → Texto... → Tempo...
- Prema Aceptar para rematar
Pódese mudar o texto de tempo existente premendo dúas veces o texto e entrando no modo de edición. Pódense empregar os Edición de texto
para engadir unha negra ou outra duración para unha marca de metrónomo no texto do tempo.
Pódense axustar os pulsos por minuto (BMP) no texto de tempo existente calcando co botón dereito no texto e seleccionando Propiedades do tempo...
Nota: A reprodución do texto do tempo pode ser máis rápida ou máis lenta que os BMP especificados na configuración do tempo de ser diferente de 100%.