Nomes dos acordes
Pódense introducir os nomes dos acordes seleccionando primeiro unha nota e premendo Ctrl+K. Isto crea un obxecto de texto co nome do acorde para o acorde seleccionado.
- Escriba Espazo para moverse ao acorde seguinte.
- Maiúsculas+Espazo móvese ao acorde anterior.
- Ctrl+Espazo introduce un espazo no texto do nome do acorde.
Os nomes dos acordes pódense edición de texto igual que o texto normal. Para engadir un sostido escriba # e para engadir un bemol escriba b. Estes caracteres tórnanse automaticamente nos símbolos correctos de sostido e bemol ao pasar ao acorde seguinte.
Fonte para jazz
Se prefire unha aparencia máis artesá dos nomes dos acordes na partitura, as versións 0.9.5 e posteriores inclúen esta opción.
- No menú principal escolla Estilo → Modificar o estilo...
- No panel da esquerda seleccione Nomes dos acordes
- No panel da dereita substitúa o texto chords.xml por jazzchords.xml