Edición de texto
Prema dúas veces un texto para entrar no modo de edición:
No modo de edición disponse das ordes seguintes:
- Ctrl+B (Mac: ⌘+B) alterna a letra negra
- Ctrl+I (Mac: ⌘+I) alterna a cursiva
- Ctrl+U (Mac: ⌘+U) alterna o subliñado
- Re Pág iniciar superíndice ou rematar subíndice no modo de subíndices
- Av Pág iniciar subíndice ou rematar superíndice no modo de superíndices
- mover o cursor: Inicio Fin Esquerda Dereita
- Retroceso elimina o carácter á esquerda do cursor
- Supr elimina o carácter á dereita do cursor
- Intro inicia unha liña nova
- F2 insire un símbolo de texto (ver embaixo).
Símbolos e caracteres especiais
Pódese empregar Símbolos de texto para inserir negras, fraccións e outros símbolos especiais ou caracteres no texto. Na barra de ferramentas de texto prema a icona do teclado para abrir a paleta Símbolos de texto
Vexa tamén: Nomes dos acordes , Letras , Molduras , Modo de edición