Paletas
As paletas pódense mostrar ou agochar co menú Mostrar → Paleta.
Pódense arrastrar e soltar os elementos das paletas para os elementos da partitura.
Premer dúas veces un símbolo dunha paleta equivale a arrastrar e soltar ese símbolo para todos os elementos seleccionados da partitura.
Por exemplo, pódese colocar facilmente un tenuto simultaneamente en varias notas:
- Seleccione as notas
- Prema dúas veces o símbolo de tenuto na paleta de atributos