Operacións cos compases
For MuseScore 4 users, see Operacións cos compases.
Engadir
Para engadir un compás no final dunha peza, prema Ctrl+B (Mac: ⌘+B) ou escolla no menú Crear → Compases → Engadir un compás. Para engadir varios compases prema Ctrl+Maiúsculas+B (Mac: ⌘+Maiúsculas+B) ou empregue o menú Crear → Compases → Engadir compases....
Inserir
Seleccione primeiro un compás e a seguir prema Ins ou empregue o menú Crear → Compases → Inserir un compás> para inserir un compás baleiro antes do que ten seleccionado. Para inserir varios compases empregue o menú Crear → Compases → Inserir compases....
Eliminar
Escolla primeiro o compás e despois prema Ctrl+Supr (Mac: ⌘+Fn+Retroceso).
En 0.9.5 e anteriores é diferente. Prema Ctrl (Mac: ⌘) no teclado encanto preme un espazo baleiro do compás co rato. Este compás márcase cunha liña de puntos que indica que se seleccionou «un espazo de tempo». Prema Ctrl+Clic (Mac: ⌘+Clic) para estender a selección. Ao premer Supr (Mac: Fn+Retroceso) elimínanse os compases seleccionados.
Propiedades
Para modificar as propiedades dun diálogo calque co botón dereito do rato nunha parte baleira do compás e seleccione Propiedades do compás....
Pentagramas
A propiedade Visíbel permite mostrar ou agochar as notas e as liñas do pentagrama do compás actual. A propiedade Sen plicas permite mostrar ou agochar as notas das plicas do compás actual. As notas que normalmente teñen plica, como as brancas e as negras, só mostran a cabeza da nota ao se marcaren como sen plica.
Duración
A duración nominal é o tempo que se mostra na partitura. Pódese modificar a duración real dun compás para calquera valor independentemente do tempo que apareza na partitura. Normalmente, as duracións nominal e real dun compás son idénticas. Porén, un compás con anacrusa, por exemplo, pode ter unha duración real menor.
Na figura de embaixo, a anacrusa de negra ten unha duración de compás nominal de 4/4, mais unha duración real de 1/4. Os compases do medio teñen duracións nominais e reais de 4/4. O compás adicional con só unha branca con puntillo do final ten unha duración real de 3/4.
Irregulares
Os compases «irregulares» non se contan na numeración de compases. Normalmente, as anacrusas márcanse como «irregulares». Cando se marca un compás como irregular nas versións actuais do MuseScore pode que haxa que gardar e volver a cargar a partitura antes de que os números de compás mostren o cambio.
Engadir ao número de compases
Tamén se pode empregar a opción «engadir o número de compases» para influenciar como se numeran os compases. Pódense introducir números positivos ou negativos. Lembre que isto afecta os compases posteriores. O valor «-1» ten o mesmo efecto que converter o compás en irregular.
Largo da disposición
Pódese aumentar ou diminuír o espazo horizontal entre as notas con esta opción.
Número de repeticións
Se o compás é o final dunha repeticións , é posíbel definir cantas veces hai que repetilo.
Rachar compases de espera
Esta propiedade separa un silencios de un compás no compás actual. Hai que seleccionar esta opción antes de activar a opción «Crear compases de espera» en Estilo → Modificar o estilo xeral.
As versións 0.9.6 e posteriores rachan automaticamente os compases de espera nos puntos importantes, como marcas de ensaio, cambios de tempo, barras de compás dobres, etc.
Numeración
O MuseScore numera automaticamente o primeiro compás de cada sistema, mais hai máis opcións de numeración posíbeis. No menú principal escolla Estilo → Modificar o estilo. No panel da esquerda escolla «Números». Na metade inferior do panel da dereita está a sección «Números de compás».
Marque a opción que hai a carón de «Números de compás» para activar automaticamente os números de compás.
Marque «mostrar o primeiro» se quixer que o primeiro compás leve o número.
Marque «todos os pentagramas» se quixer números en todos os pentagramas; de non ser así, só leva números o pentagrama superior de cada sistema.
Escolla mostrar os números en «todos os sistemas», que numera o primeiro compás de cada liña, ou mostrar os números por «intervalo» e especifique o tamaño do intervalo. Por exemplo, un intervalo de 1 numera todos os compases; un intervalo de 5 numera cada cinco compases.