Transposición
A transposición designa o movemento de determinadas notas para arriba ou para abaixo no pentagrama. O MuseScore admite dous tipos.
- Transposición cromática sube ou baixa as notas en incrementos de semitón. Isto pódese facer co diálogo Notas → Transpor... do menú principal. Outra maneira consiste en escoller as notas que se desexa mover e premer ↑ ou ↓.
- Na transposición escalar (diatónica) unha ou máis notas móvense en intervalos da escala tal e como os determina a armadura. Para mover unha única nota, simplemente arrástrea para arriba ou para abaixo. Unha selección de máis de unha nota arrástrase empregando o botón esquerdo do rato ao tempo que se mantén premido Ctrl co punteiro nunha das notas seleccionadas.