Ligaduras de expresión
Unha ligadura de expresión é unha liña curva entre dúas ou máis notas que indica que as hai que tocar sen separación. Se busca como xuntar dúas notas da mesma altura, vexa ligaduras .
Primeiro método
- Saia do introdución de notas
e seleccione a primeira nota:
- S crea unha ligadura de expresión:
- Maiúsculas⇑+→ move a ligadura até a nota seguinte:
- X inverte a dirección da ligadura:
- Escape sae do Modo de edición de ligaduras:
Segundo método
- Saia do introdución de notas e seleccione a primeira nota:
- Seleccione con Ctrl (ou seleccione con ⌘ nun Mac) a última nota
- prema S
Terceiro método
- Estando no introdución de notas , escriba a primeira nota na sección ligada.
- Prema S para comezar a sección ligada.
- Introduza o resto das notas na sección ligada.
- Prema S para rematar a sección ligada.
Axustes
As caixiñas ou manipuladores (aparecen nas imaxes dos pasos 2-4 de arriba) pódense axustar co rato. Os dous manipuladores exteriores axustan o principio e o final da ligadura de expresión. Os dous manipuladores interiores axustan a curvatura da ligadura.
Unha ligadura de expresión pódese estender por varios sistemas e páxinas. O inicio e o final dunha ligadura ancóranse nunha nota/acorde ou silencio. Se as notas se moven debido a modificacións da disposición, o largo dos compases ou o estilo, a ligadura de expresión tamén se move e se axusta en tamaño.
Este exemplo mostra unha ligadura que se estende desde a clave de fa á de sol. Escolla co rato a primeira nota da ligadura, manteña premida a tecla Ctrl (ou a tecla ⌘ nun Mac) e escolla a derraderia nota da ligadura e prema S para engadir a ligadura.
Nota: Non é posíbel mudar as notas de áncora de principio e final mediante o rato. Empregue Maiúsculas⇑ +← ou → frechas dereita ou esquerda para axustar os puntos de inicio e de fin dunha ligadura de expresión.
Liña punteada
As ligaduras punteadas empréganse ás veces en cancións nas que a presenza da ligadura de expresión varía entre as estrofas. As ligaduras punteadas tamén se empregan para indicar unha suxestión do editor (fronte ás notacións do orixinais do compositor). Para mudar unha ligadura de expresión nunha ligadura punteada, prémaa co botón dereito do rato e escolla Propiedades da ligadura... No diálogo de propiedades da ligadura pódese escoller se se quere unha ligadura de expresión continua ou punteada.
X alterna a dirección da ligadura seleccionada.
Vexa tamén: Ligaduras , Modo de edición , Introdución de notas .