Voltas

Updated 12 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Voltas.

As repeticións ou chaves de volta empréganse para marcar finais distintos nunha repetición:
Exemplo de primeiro e segundo finais

Pódense colocar as chaves de volta na partitura arrastrándoas desde a liñas .

As chaves pódense estender durante máis de un compás. Prema dúas veces na volta para entrar no modo de edición e mova os extremos con:

  • un compás á dereita Maiúsculas+Dereita
  • un compás á esquerdaMaiúsculas+Esquerda

Estas ordes moven o inicio ou final "lóxicos" da chave da volta que determina a reprodución no MuseScore e a disposición en varios sistemas. Mover os manipuladores coas frechas esquerda ou dereita só ou empregar o rato permite axustes máis finos mais non altera o como se reproducen as repeticións.

As demais ordes do modo de edición tamén moven os extremos mais non alteran a forma en que se toca a repetición.

Ao mover os extremos aparece unha liña punteada desde a posición lóxica até a posición actual
Segundo final da volta no modo de edición

Texto

Pódese modificar o texto e outras moitas propiedades dunha chave de volta empregando o diálogo Propiedades da liña. Prema unha chave de volta co botón dereito e escolla Propiedades da liña.... Se está a empregar a versión 0.9.3 ou anteriores, escolla "Propiedades da volta...". A imaxe de embaixo mostra o texto da volta como "1.-5."
Diálogo Propiedades da liña

Exemplo de final da primeira até a quinta repeticións seguidas dun sexto final

Tamén se pode premer a volta co botón dereito e ir ao diálogo Propiedades da volta. Aquí pódense mudar tanto o texto de aparece na volta (o mesmo das Propiedades de liña de antes) e a Lista de repetición. Se se quere unha volta se toque só nalgunhas repeticións e outra volta noutras repeticións, introduza os números das repeticións nunha lista separada por vírgulas. No exemplo de embaixo, esta volta tócase durante as repeticións 1, 2, 4, 5 e 7. Outra volta terá o outro final, como 3, 5 e posibelmente outros números maiores, como 8, 9, etc.

Volta Properties dialog

Reprodución

Ás veces as repeticións tócanse máis de dúas veces. Na imaxe de riba o texto da volta indica que a hai que tocar cinco veces antes de continuar. Se se quere alterar o número de veces que o MuseScore toca unha repetición, hai que ir ao compás que conteña a barra de repetición e modificar o Número de repeticións (vexa operacións cos compases para os detalles).

Problemas nas partituras con varias partes

Na versión 0.9.4 e anteriores só se poden colocar as voltas no pentagrama superior dunha partitura con varias partes. Se non, pódense atopar erros, como que o MuseScore deixe de funcionar cando se creen partes (vexa o informe de erro ) ou que a posición da áncora se desprace cando se cargue de novo a partitura.

Ligazóns externas