Visita guiada do MuseScore - Escoite as partituras

O MuseScore inclúe un sintetizador por software interno que pode reproducir as partituras, completas con cambios de tempo, dinámica, articulacións, etc.

Sons

partitura

Co MuseScore ven instalada unha pequena SoundFont de tipo xeral, mais pódese instalar calquera SoundFont que se desexe para obter sons instrumentais máis realistas ou unha variedade maior de instrumentos. O MuseScore tamén se pode integrar con programas de MIDI e sintetizadores externos por medio de JACK .

Empregue os controles de embaixo para escoitar un exemplo da reprodución do MuseScore da partitura para big band da esquerda empregando a fonte de son libre FluidR3 , que se pode descargar desde o sitio web do MuseScore.

http://soundcloud.com/marc-sabatella/tranquility-excerpt

Velaquí un exemplo dunha partitura para orquestra reproducida empregando outra fonte de son, Sinfonia 3.6 .

http://soundcloud.com/misterdls/beethoven-sym-5-1st-movement-1

O MuseScore pode formatos de ficheiro partituras como ficheiros de MIDI para empregalos noutros programas e tamén pdoe xerar un ficheiro de son en WAV, FLAC, ou OGG para reproducir directamente ou converter en MP3.

Controles

Xanela do mesturador

O MuseScore inclúe unha xanela cun Modificar e axustar os sons na que se poden escoller os sons empregados polos diferentes instrumentos, os seus niveis relativos, controlar a reverberación e o coro, etc. Taméns se poden silenciar instrumentos individuais ou grupos deles ou facer que toquen eles sós, de xeito que é posíbel escoitar como soa exactamente a sección das cordas sen os ventos e viceversa.

A xanela modo de reprodución fornece tamén controles xerais do volume e o tempo e permite escoler reprodución con swing ou con shuffle se se desexa.