Atallos de teclado
Pódense personalizar a maioría dos atallos de teclado na lapela Editar → Preferencias... → Atallos (Mac: lapela MuseScore → Preferencias... → Atallos). Velaquí unha listaxe coa configuración inicial dos atallos.
Navegación
Inicio da partitura: Inicio
Final da partitura: Fin
Páxina seguinte: AvPáx
Páxina anterior: RePáx
Compás seguinte: Ctrl+→ (Mac: ⌘+→)
Compás anterior: Ctrl+← (Mac: ⌘+←)
Nota seguinte: →
Nota anterior: ←
Nota por abaixo (nun acorde ou no pentagrama inferior): Alt+↓
Nota por arriba (nun acorde ou no pentagrama superior): Alt+↑
Nota superior do acorde: Ctrl+Alt+↑ (Ubuntu emprega este atallo para os espazos de traballo)
Nota inferior dun acorde: Ctrl+Alt+↓ (Ubuntu emprega este atallo para os espazos de traballo)
Introdución de notas
Entrar no modo de introdución de notas: N
Saír do modo de introdución de notas: N ou Esc
Duración
1 ... 9 selecciona unha duración. Vexa tamén introdución de notas .
Metade da duración da nota anterior: Q
Dobre da duración da nota anterior: W
Voces
Voces
1: Ctrl+I, Ctrl+1 (Mac: ⌘+I ⌘+1)
Voz 2: Ctrl+I, Ctrl+2 (Mac: ⌘+I ⌘+2)
Voz 3: Ctrl+I, Ctrl+3 (Mac: ⌘+I ⌘+3)
Voz 4: Ctrl+I, Ctrl+4 (Mac: ⌘+I ⌘+4)
Altura
As alturas pódense introducir co nome da letra ou cun teclado MIDI. Vexa introdución de notas para os detalles completos.
Repetir a nota anterior: R
Subir a altura unha oitava: Ctrl+↑ (Mac: ⌘+↑)
Baixar a altura unha oitava: Ctrl+↓ (Mac: ⌘+↓)
Subir a altura un semitón: ↑
Baixar a altura un semitón: ↓
Engadir un sostido a unha nota: (sen definir por causa de conflitos coa ampliación)
Engadir un bemol a unha nota: -
Silencio: 0 (cero).
Intervalos
Engadir un intervalo por riba da nota actual: Alt+[Número]
Engadir un intervalo por baixo da nota actual: Maiúsculas⇑+[Número]
Dirección
Inverter a dirección (plica, ligazón, ligazón de expresión, chave de grupo artificial, etc.): X
Reflectir a cabeza da nota: Maiúsculas⇑+X
Articulacións
Ligaduras
: +
Ligaduras de expresión
: S
Staccato: Maiúsculas⇑+.
Crescendo: H
Decrescendo: Maiúsculas⇑+H
Introdución de letras
Sílaba anterior da letra: Maiúsculas⇑+Espazo (No MuseScore 1.1 e anteriores: Ctrl+←)
Sílaba seguinte da letra: Espazo (No MuseScore 1.1 e anteriores: Ctrl+→)
Mover sílaba da letra á dereita 1 espazo: →
Mover sílaba da letra á esquerda 0.1 espazos: Ctrl+←
Mover sílaba da letra á dereita 0.1 espazos: Ctrl+→
Mover sílaba da letra á esquerda 0.01 espazos: Alt+←
Mover sílaba da laetra á dereita 0.01 espazos: Alt+→
Subir á estrofa anterior: Ctrl+↑ (Mac: ⌘+↑)
Baixar á estrofa seguinte: Ctrl+↓ (Mac: ⌘+↓)
Para máis atallos relacionados coas letras, vexa letras
Exhibición
Navegador: F12 (Mac: ⌥+⌘+N)
Panel de reprodución: F11 (Mac: ⌥+⌘+P)
Paleta: F9 (Mac: ⌥+⌘+K)
Misturador: F10(Mac: ⌥+⌘+M)