Estilo de texto
Cada tipo de texto ten un estilo básico. Por exemplo, o texto do título está centrado e emprega un tamaño de letra grande. O texto do compositor é menor e está aliñado á dereita. Para modificar os estilos de texto vaia a Estilo → Modificar o estilo de texto....
Durante a edición de texto pódense facer cambios que difiran do estilo básico. Para detalles, vexa «Formatar texto existente» máis abaixo.
Propiedades do texto:
- Tipo de letra: nome da fonte, como «Times New Roman» ou «Arial»
- Tamaño en puntos: o tamaño da fonte en puntos
- Cursiva, negra, subliñado: propiedades da fonte
- Áncora: páxina, tempo, nota, sistema, pentagrama
- Aliñamento: horizontal: esquerda, dereita, centro; vertical: superior, inferior, centro
- Separación: unha separación relativa á posición normal da áncora
- Tipo de separación: mm, espazo, ou porcentaxe do tamaño da páxina
Tipos de texto:
- Título, Subtítulo, Compositor, Letrista: ancorados na páxina
- Dixitación : As dixitacións ancóranse nas notas.
- Letras : As letras ancóranse nunha posición de tempo.
- Nomes dos acordes : Os nomes dos acordes tamén se ancoran nunha posición de tempo.
- Sistema: Aplícase a todos os pentagramas dun sistema.* Ancórase nunha posición de tempo.
- Pentagrama: Aplícase a un único pentagrama dun sistema.* Ancórase nunha posición de tempo.
* A distinción entre texto do sistema e texto do pentagrama resulta importante nas partituras para conxuntos musicais. O texto do sistema extráese para todas as partes. O texto do pentagrama só se extrae para a parte na que está ancorado.
Formatar texto existente
No MuseScore 1.0 e anteriores, as modificacións ao estilo de texto aplícanse ao texto novo mais non modifican consistentemente o texto existente. Porén, pódese modificar o formato do texto existente premendo co botón dereito e escollendo «Propiedades do texto». Para aplicar as modificacións a todo o texto do mesmo tipo, seleccione a opción «aplicar a todos os elementos do mesmo tipo».