Notas de adorno

Updated 12 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Notas de adorno.

As apoiaturas breves (acciaccatura) aparecen como notas pequenas cunha raia pequena que corta a plica. As apoiaturas longas (appoggiatura) non están riscadas. Ambas as dúas colócanse antes da nota principal, de tamaño normal, á que van ligadas.

Instrucións

As notas de adorno créanse arrastrando un símbolo de nota de adorno desde a paleta Notas de adorno (Nas versións 0.9.5 e anteriores a paleta chámase simplemente Notas) para unha nota normal da partitura. Tamén é posíbel crear unha nota de adorno seleccionando a cabeza dunha nota e premendo dúas veces un símbolo de nota de adorno da paleta Notas de adorno.

Para engadir máis de unha nota de adorno, arrastre varias sucesivamente sobre a cabeza da nota.

Para engadir un acorde de notas de adorno, introduza a primeira e selecciónea e a seguir use Maiúsculas + nomes das notas (C, D, E, etc...)

Se desexa mudar a duración dunha nota de adorno creada con anterioridade, selecciónea e escolla unha duración na barra de ferramentas ou introdúzaa cunha das teclas 1 ... 9 (vexa Introdución de notas ).

Paleta Notas de adorno

Ligazóns externas

Vexa tamén: Nota de adorno na Wikipedia