Silencios de un compás
Silencios de un compás
Cando un compás completo carece de notas, emprégase un silencio de un compás.
Para crear un silencio de un compás seleccione un compás e prema Supr. Todas as notas e silencios deste compás substitúense por un silencio de un compás.
Silencios de varios compases
Os compases de espera indican un silencio de duración longa para un instrumento e utilízanse con frecuencia nas partituras para conxuntos musicais.
Instrucións
- No menú escolla Estilo → Modificar o estilo xeral (nas versións 0.9.5 e anteriores chamábase Estilo → Modificar o estilo)
- Prema o separador "Partitura" de non estar xa seleccionado
- Engada a opción "Crear compases de espera"
Limitacións
A opción de estilo crea automaticamente silencios de varios compases en toda a partitura. Polo tanto, recoméndase que se introduzan primeiro todas as notas e que se activen os silencios de varios compases despois.
As versións 0.9.5 e anteriores non rachaban automaticamente os silencios de varios compases en puntos importantes, como as liñas de compás dobres, as armaduras e as marcas de ensaio. Isto xa está arranxado nas versións máis recentes. Como tranquilla para as versións anteriores, vexa a sección «Rachar os silencios de varios compases» de operacións cos compases .