Repeticións
Pódense definir o inicio e o final das repeticións simples coas barras de compás apropiadas. Para instrucións sobre os compás de primeiro e segundo finais, vexa Voltas .
Reprodución
Para ouvir as repeticións durante a reprodución, asegúrese de que o botón «Reproducir as repeticións» da barra de ferramentas está seleccionado. Igualmente, pódense desactivar as repeticións durante a reprodución anulando a selección do botón.
No derradeiro compás dunha repetición pódese indicar a propiedade operacións cos compases «Número de repeticións» para indicar o número de repeticións que se reproducen.
Sígnos de repetición e texto
O texto e os signos relacionados coas repeticións están situados na paleta Repeticións:
Para engadir un obxecto da paleta Repeticións, arrástreo sobre (non enriba) do compás no que desexa que apareza. O obxecto aparece enriba dese compás na partitura.
Saltos
Os saltos normalmente consisten en tres partes:
- Saltar até a marca
- reproducir até marca
- continuar en marca
As marcas son nomes que se lle poden dar a determinadas posicións nos compases. Dúas marcas («inicio» e «final») denotan o inicio e o final da partitura e non as hai que engadir explicitamente.
Exemplos:
Na instrución de slato Da Capo, a reprodución salta ao inicio e reproduce a partitura completa de novo (até a marca de final implícita).
Na instrución de salto Da Capo al Fine, a reprodución salta ao inicio e reproduce a partitura até a marca Fine.
Dal Segno al Fine (ou D.S. al Fine) salta á marca Segno e a seguir reproduce até a marca Fine.
Dal Segno al Coda salta á marca Segno e a seguir reproduce até a primeira marca Coda. A reproducir continúa na segunda marca Coda. As propiedades dos saltos pódense alterar mediante o botón dereito sobre a marca D.S. al Coda.
Vexa tamén: Volta