Visita guiada do MuseScore - Cree partituras
O MuseScore fornece un conxunto de ferramentas potente mais doado de empregar para crear partituras de todo tipo, desde música para piano até música coral , lead sheets , big bands e arranxos para orquestra .
Configure a partitura
O asistente Crear unha partitura nova inclúe diversos modelos configurados para tipos de partituras frecuentes, como piano, coro, banda de concerto, jazz, big band, banda de metais británica, orquesta de cámara, etc. Pode empregar un destes modelos tal e como vén ou comezar cun modelo e personalizalo á vontade.
Se ningún dos modelos que se ofrecen se axusta ás súas necesidades, tamén pode comezar de cero e escoller os instrumentos vostede mesmo. O MuseScore permite un número ilimitado de pentagramas e encárgase automaticamente da transposición dos instrumentos que o requiran.
O asistente permitetamén configurar a armadura inicial, a marca de tempo, a anacrusa e o número de compases da partitura. Unha vez que o asistente teña rematado de configurar a partitura pódense engadir chaves para agrupar partituras relacionadas, así como personalizar outros detalles dos pentagramas e a disposición.
Introduza a música
Se a pode imaxinar, o MuseScore probabelmente a pida anotar! o MuseScore permite introducir a música de varias maneiras. Se xa a ten noutro programa, o MuseScore permite formatos de ficheiro os formatos de MusicXML, MIDI, e outros. Mais o MuseScore tamén facilita a introdución directa da música, mesmo para quen nunca antes empregar software de notación musica.
Notas e silencios
Pódese introducir a música directamente no MuseScore empregando o teclado do computadodr, o rato ou un teclado MIDI co modo de introdución de notas . Cun só clic introdúcense notas (incluíndo grupos artificiais , silencios, alteracións , ligaduras , notas de adorno e máis. O MuseScore admite até catro voces por pentagrama e pódense modificar as claves , armaduras e marcas de tempo en calquera lugar d apartitura. Tamén se poden inverter as plicas, quebrar e unir as unións e mesmo frases entre pentagramas . O MuseScore permite realizar operacións sobre seleccións, incluíndo copiar e pegar , transposición, intercambio de voces e explode/expandir . Tamén se pode, por suposto, operacións cos compases e o MuseScore permite partituras de tamaño ilimitado.
Marcas
Dispoña a partitura
O MuseSocore fai ben a disposición automática da partitura na maioría dos casos, mais inclúe tamén moitas opcións para anular esas predefinicións. Moitas das opcións empregadas para controlar a aprencia da partitura pódense gravar como un estilo aplicábel a outras partituras con só un par de clics. E tamén se poden crear modelos propios, configurados exactamente como vostede queira, que aparezan no asistente Crear unha partitura nova xunto cos pre-instalados.
Notación
Se non lle gusta a posición por omisión dun elemento, normalmente pódese arrastrar para onde queira. E a apareición e a posición por omisión da maioría dos elementos pode personalizarse nas opcións de estilo.
O tamaño e a forma da moitos elementos pódese modificar no Modo de edición ; isto aplícase a cousas como as plicas, as barras, as ligaduras, as ligaduras de expresión, os crescendos, etc.
Páxina
A disposición e formato pode controlarse de moitas maneiras. O diálogo Disposición->Configuración da páxina controla o tamaño e as marxes do papel e o tamaño xeral das partituras (que, pola súa vez, inglúe na maioría dos demais elementos). O diálogo Estilo->Modificar o estilo xeral controla a distancia entre os pentagramas e entre os sistemas, así como outras opcións de configuración, incluíndo globalmente o a opción de espaciamento das notas que controla como de cerca as coloca o MuseScore. Pódese anular o espaciamento global das notas nos compases que se escollan para «anchear» o espaciamento tal e como se precise. Tamén se poden colocar quebras ou espaciadores , quebras ou espaciadores e molduras para controlar máis a disposición e o espaciamento para propósitos específicos e tamén se pode executar un engadido que crea un número fixo de compases por sistema para todas as porcións de música.
Partitura e partes
Unha vez rematada unha partitura para varios instrumentos, pódense extracción de partes . Os elementos como as voltas, os segnos e as marcas de tempo cópianse automaticamente a todas as partes e créanse compases de espera automaticamente segundo conveña. Se algún instrumento require transposición, tamén se fai automaticamente.
Na partitura tamén se poden agochar os pentagramas baleiros para producir unha partitura condensada.